LENDA
DA PROENCIA ROMANA Á PROENCIA DE TOMÁS
Conta a lenda que baixo as terras de Tomás erguíase Proencia. Proencia era o nome da cidade romana que hoxe é Proendos, en Sobre. Así foi como da Proencia romana naceu a Proencia de Tomás, unha adega familiar que produce viño de alta calidade no lugar máis escarpado da Ribeira Sacra.
HISTORIA
TRES XERACIÓNS HEROICAS
O pai de Tomás xa elaboraba no corazón da Ribeira Sacra o viño cultivado nas cepas ao carón do río Sil, nunha tradición que remonta ao Imperio Romano, cando millares de recipientes cerámicos cheos de viño partían a Roma pola Vía XIX.
Tomás quixo manter o nome e a tradición, pasando de elaborar o viño para consumo particular a comercializalo. Así, creou esta pequena adega con etiquetado exclusivo de viñedos e colleita propia. Unha empresa familiar que adica máxima atención e mimo aos procesos de elaboración do viño e produce entre 20 e 25 mil botellas de Mencía ao ano.
Nesta adega, o sabor do viño complétase co coñecemento da terra. Marta e Raquel, as súas fillas, continúan co legado familiar, actualizándoo dende os eidos da innovación e sustentabilidade e onde prima a calidade e excelencia.
DENOMINACIÓN DE ORIXE
VIÑO MENCÍA DA RIBEIRA SACRA
Co prestixio que supuxo o recoñecemento da Denominación de Orixe en 1997, a nosa produción manual oscila dependendo da colleita, que sempre é a da propia uva.
Trátase dun viño da subzona Amandi, elaborado con uvas 100% Mencía, procedentes dunhas cepas de ata 70 anos de antigüidade e unha vendima moi especial, coñecida como "viticultura heroica". Un cultivo baixo condicións de extrema dificultade onde as cepas están dispostas en estreitas terrazas, construídas con muros de pedra. Unha paisaxe única no mundo.
O viño Proencia, dende o inicio, elabórase baixo a man mestra do enólogo Luis Buitrón, presidente da Federación Española de Asociacións de Enoloxía e cunha traxectoria excelente vinculada ás técnicas de cultivo da viña.
ADEGA PROENCIA
"A CASETIÑA" DO TOMÁS
Así é como Tomás refírese cariñosamente a Adega Proencia, onde non só se vende viño. Contamos co selo SICTED de calidade turística pola súa oferta de goce, actividades e paisaxe enolóxica.
Turistas, amantes do viño e visitantes curiosos desfrutan dunhas instalacións onde a tradición e a natureza mandan. Unha visita guiada pola adega ou a vide permite un achegamento á realidade da colleita e a un viño con historia. Catas de viño, degustacións de produtos da zona e eventos en pleno Canón do Sil son algunhas das posibles experiencias neste enclave único.